viernes, 8 de septiembre de 2017

Excursión xeolóxica: A COSTA DE PORTECELO

A COSTA DE PORTECELO - Herdanza das neves da Groba

Guiada por Carmen Casares, xeóloga


  • Data: domingo 17 de setembro, ás 10:00 am
  • Duración aproximada: 3 horas 
  • Punto de encontro: Portecelo, O Rosal.
  • Recomendacións: levar calzado axeitado para camiñar sobre as rochas

Primeira visita

A Groba imponse na paisaxe. A ela debemos, en grande parte, que esta zoa da costa sexa tan peculiar e diferente das rías galegas. Fai varios miles de anos, as neves acumulábanse nas súas cumes e vertentes. Os derrubios que arrastraton ó fundirse, tapizan agora a costa e forman acantilados de bloques e arxilas que actuaron como un escudo que conservou antigas formas costeras. 



O granito e a rocha que forma a Groba, a plataforma que une as súas pendentes á costa e os "coidos". Ten unha longa historia: é unha vella rocha, de máis de 300 millóns de anos, moi viaxada. Chegou aquí dende o ecuador, onde naceu, formando o núcleo dunha enorme cordilleira. hoxe arrasada e repartida en anacos polo mundo. Buscaremos as pegadas que tan peculiar historia han deixado sobre elas.


Segunda visita

Cos vehículos, atravesaremos a aldea de Portecelo e percorreremos a estrada asfaltada cara á esquerda, onde estacionaremos os vehículos, e onde tomaremos, xa camiñando, unha antiga estrada á beira da costa. Camiñaremos polas rochas da costa aproximadamente un quilómetro, ata saír por un camiño que se conecta cunha pista que percorreremos unha media hora ata volver ós vehículos. 



Neste tramo de costa é moi sinxelo camiñar, porque o granito comportase coma se fose unha cebola, pártese en capas concéntricas, extensas, bastante aplanadas nas que se poden formar lagoas pequenas coa auga fresca que provén dos acantilados. Atopamos áreas onde as rochas están cubertas por unha capa avermellada que as protexe da erosión. Grandes diques atravesan o granito e numerosas fallas o fracturas.


Terceira visita

Colleremos os vehículos e iremos por un camiño de terra paralelo á costa en sentido norte, durante 900 metros, onde baixaremos por un sendeiro ata a costa.


Aquí espéranos os curiosos acantilados que empezaron a formarse fai 40.000 anos. Daquela, o mar estaba alonxado da costa actual e o clima era moi frio. As neves acumulábanse na Groba e, cando se derretían, as augas arrastrabban grandes cantidades de sedimentos cara a costa. Intentaremos entender o que os grandes cantos, os solos, ou o que os pequenos anacos de carbón cóntanos sobre a súa historia.



Cómo chegar:

O punto de encontro será a explanada de terra do pobo de Portecelo, O Rosal.






miércoles, 19 de abril de 2017

II Mes pola Conservación: O Miño e nós.




Temos o pracer de presentarvos as actividades do II Mes pola Conservación: O Miño e nós. 7 asociacións da zona promovemos actividades medioambientais e culturais relacionadas co Miño e o seu entorno, así como un concurso fotográfico con imaxes das actividades realizadas . Animámosvos a participar e a compartir! 


                                                                        Bases do concurso fotográfico








viernes, 24 de marzo de 2017

PRESENTACIÓN DO LIBRO - Bienaventurada la "maleza" porque ella te salvará la cabeza. [César Lema]

PRESENTACIÓN DO LIBRO


Bienaventurada la "maleza" porque ella te salvará la cabeza.
Usos de 113 plantas silvestres de los campos norteños.

Moitas grazas a César Lema por presentarnos o seu novo libro e pasar unha tarde moi agradable aprendendo dá natureza que nos rodea. Moitas grazas tamén a todos os asistentes por participar nesta saída. Un saúdo, A Jalleira.






Resultado de imagen de Bienaventurada la "maleza" porque ella te salvará la cabeza. Usos de 113 plantas silvestres de los campos norteños.            Temos o pracer de contar de novo con César Lema Costas, neste caso na presentación do seu novo traballo, o cal dirixe e coordina.
            O traballo que nos ven mostrar esta composto de dúas partes unidas nun ficheiro. Atopamos neste, un libro de 239 páxinas nas que descubrimos unha recompilación de textos de Cesar Lema, Silvia Méndez (V de Vegetal), Félix Rodrigo Mora, Josep Pàmies, Juanra, Patricia Puga Gómez e Daniel María Pérez Altamira. De seguido unha series de fichas a cor de 113 plantas silvestres, nas cales atopamos información dende como preparalas ata os seus variados aproveitamentos. Todo isto con moita dedicación e unha presentación moi coidada.


            A continuación realizarase un roteiro, no cal César Lema axudaranos a identificar e explicara os diferentes usos e costumes das especies silvestres que atopemos polo camiño.

            Máis información: monacatorevolusionario.wordpress.com

            Organiza:Asociación Forestal e Educación Ambiental “A Jalleira”.

            INICIO DAS ACTIVIDADES: 16:30 h.


            LUGAR: Muíños das Aceñas, O Rosal. 🚩Ubicación do Muiño das Aceñas













jueves, 16 de marzo de 2017

Excursión a comarca do Ribeiro



Excursión a comarca do Ribeiro





Analizando a climatoloxía do domingo, con moito pesar " cancelanos a saída a Ridimoas e Pena Corneira" e se pospón a outra data.😌




========================================================================






EXCURSIÓN A COMARCA DO RIBEIRO
-Visita ó Museo de Ridimoas (pendente de confirmar).
-Visita guiada ó bosque de Ridimoas.
-Visita o monumento natural de Pena Corneira.
DíA: Domingo 26 de marzo.
SAÍDA:09:00h dende A Guarda.
PREZO: 5€ (3€ Soci@s) íntegros para colaborar co proxecto de Ridimoas.


jueves, 9 de febrero de 2017

miércoles, 18 de enero de 2017

sábado, 12 de noviembre de 2016

MAGOSTO O Rosal, 2016


Sábado 26 de Novembro, Magosto Popular. Ven celebrar a festa do outono. 
As 15:30h, andaina da man de Pepe Buraco, mostraranos a arqueoloxía descoñecida entorno ós Muiños do Folón e do Picón, ( Castro de Martín, Mámoa do Picón, arqueoloxía industrial...). Saída dende a explanada do Folón, Martín, 5km de dificultade baixa. 
As 19:30h. Magosto na praza do Calvario do Rosal, foliada, troula e castañas de balde !!



Máis fotos nesta ligazón:Fotos Magosto O Rosal 2016

Máis fotos nesta ligazón:Fotos Roteiro do Magosto 2016