miércoles, 12 de noviembre de 2014

1ª Mostra Oia Existe, primeira actividade da Asociación A Jalleira

1ª Mostra Oia Existe

A mediados do mes de Xuño, Oia exhibiu os seus atractivos, unha pequena mostra do seu patrimonio histórico, cultural e natural.

A Jalleira foi invitada para mostrar un anaquiño do seu entorno natural, esta foi a primeira actividade levada a cabo pola asociación.










O Cantadoiro, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba

Pedra Bicentenario, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba


Oliveira, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba

Muiño de Salero, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba

Muiño de Salero II,Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba

O Sobral, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba

Nun día solleiro, comezamos o roteiro guiado pola aldea de Viladesuso, amosouse parte da súa historia e seu patrimonio. Deixando atrás a aldea, chegamos as Sobreiras do Faro, exemplo de bosque tipo mediterráneo no val do río de Broi. Este bosque, catalogado como espazo privado de interese natural (EPIN), situado na Serra da Groba resistiu o invite de lumes e riadas; entre sobreiras puidemos valorar a importancia que tivo no pasado este entorno senlleiro, coñecer o seu estado actual e desfrutar desta xoia natural, de volta a aldea puidemos ademais apreciar o valor paisaxístico do que pode presumir Oia.
Flora, fauna e unha paisaxe que estamos obrigados a conservar.
Pola Ruta Máxica,Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba

Sobreiras do Faro, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba

Sobreiras do Faro II, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba

Rio de Broi, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba

As Cortes, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba

Sobreiras do Faro III, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba

Canón do Broi, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba

Pola Ruta Máxica II, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba


Gracias a Xabi Garrido pola invitación, a Santiago Baz Lomba pola súa reportaxe e os asistentes pola súa compaña.


A Jalleira, por é para o monte.

lunes, 15 de septiembre de 2014

Actividade lúdica para mostrar o presente dos nosos montes e outros valores engadidos


MÁIS INFORMACIÓN

APERTURA-Presentación.
Presentación das xornadas a cargo da Enxeñeira Forestal Nuria Castro, Presidenta Asociación Forestal e de Educación Ambiental A Jalleira.

EXPERIENCIA- Asociación Monte Cabalar-Cooperativa.

Exemplo de cooperativa dos montes da Estrada, que aposta pola explotación do gando en extensivo, xestión silvícola e aproveitamento agrícola. Falarannos da súa experiencia que nos mostrara a importancia do cooperativismo e os beneficios dunha xestión sostible. A cargo da Cooperativa Monte Cabalar.


CONFERENCIA-COLOQUIO – A Lonxa da madeira.
Conferencia a cargo da Organización Galega de Comunidade de Montes, donde presenta como proxecto innovador a creación da primeira lonxa virtual da madeira e outros aproveitamentos, alternativa o actual mercado do sector  forestal do país.

Ponencia a cargo de presidente da OOGGCCMM, Xosé Alfedo Pereira.



EXPERIENCIA-A Multifuncionalidade do monte (CMVMC Vincios)

Mostra a cargo de Alberto Covelo, presidente da CMVMC de Vincios, do uso múltiple que nos aporta o monte, diferentes proxectos, aproveitamentos e alternativas para manter un monte vivo.


PROXECIÓN – Presentación do proxecto “En todas as mans”-Trespes Soc.. Coop. Galega.
A cargo da cooperativa audiovisual Trespés que mostrara o seu proxecto de documentario sobre as comunidades de montes e os seus valores.




MESA REDONDA-CLAUSURA.

As xornadas remataran cunha mesa redonda onde os asistentes farán as súas preguntas e aportacións intentando crear debate, coa a participación e opinión dos ponentes.

ANDAINA GUIADO POLA SERRA DA GROBA.

Como chegar:

Carretera Baiona-A Guarda (PO-552), chegados a parroquia de Oia coller o desvío Loureza-Burgueira, 6 Km. de subida ata chegar o cruce da casa forestal.



viernes, 12 de septiembre de 2014

Linaria Triornithophora(L.)

Linaria triornithophora (L.)


Despois dun ano o monte comeza a mostrar os seus encantos.
Coñecida en Galicia como Paxariños, pranta perenne de cor malva co padal amarelo, con dous beizos e un espolón longo na base.  Florece en toda Galicia entre os meses de Xuño a Setembo podémola atopar na beira de bosques, matorrais e na beira dos ríos.
 O seu principal valor é ser un endemismo do Noroeste da Península Ibérica.
Utilizouse para uso dermatolóxico, polo seu efecto laxante e tamén se lle atribúen efectos "vigorosos".

Campo do Couto. Serra da Groba.

CABODANO



Esta semana cúmprese un ano dende que ardeu o val do Tamuxe, Oia-O Rosal.

Nos anos 2006 e 2013 o lume arrasou máis de tres mil hectáreas na nosa comarca, tan só en dous incendios. Sentimos que a política forestal debe mudar definitivamente. Moitos son os problemas que nos levan a esta conclusión lóxica, tales como, abandono dos montes e do rural, falta total de sensibilización e respeto polo medio natural, destrución da economía local e o que aínda é peor, a industrialización do monte.


Aparentemente laiámonos deste desastre, só acordamos del cando vemos o lume, aínda que esta destrución continua ó longo do ano. Peor co lume é continuar coa política do PFE (Patrimonio Forestal do Estado) ou do ICONA, grandes repoboacións sufridas na época da ditadura, política que perpetúa o desastre.


A día de hoxe aínda estamos sufrindo este tipo de medidas. Estanse levando acabo no Baixo Miño, na serra do Argallo e no monte Tecla, repoboacións con especies foráneas, que degradan o entorno e o seu solo, invaden e desprazan a flora e fauna autóctona e favorece a propagación do lume, entre outras consecuencias.


Dende a nosa perspectiva e a noso xuízo, non é xusto nin beneficioso e é dunha falla total de solidariedade seguir con este tipo de cultivos e políticas de curto prazo.  É un erro fatal pensar que o monte pode ser defendido do lume ou doutras ameazas sen unha poboación activa que habite nel, e que faga uso e desfrute dos seus bens dun xeito racional e sostible.


Todos temos uns privilexios e beneficios do monte, pero onde quedaron as nosas obrigas con él?

Saúde e monte.

Nuria Castro Martínez

Presidenta Asociación A Jalleira.

martes, 19 de agosto de 2014

Quén somos os da Jalleira?



Asociación a Jalleira






Somos unha asociación sen ánimo de lucro, formada por persoas do colectivo forestal con preocupacións polo medio natural, un grupo de mozas e mozos interesados  polo seu entorno participando activamente no mesmo.

            O noso ámbito é o da comarca da Baixo Miño e nun futuro abranger outras comarcas.

            Pretendemos consolidar a educación ambiental como ferramenta beneficiosa para a sociedade, fomentar e promover o estudo e coñecemento do entorno natural dinamizando o mesmo, mostrar o patrimonio e os valores dos nosos montes, ...

            Para acadar estes fins intentaremos levar a cabo actividades varias, como campañas de concienciación, xornadas e certames, cursos, roteiros guiados e traballos forestais entre outras actividades.

Únete, participa e desfruta.



Asociación A Jalleira, por é para o Monte.