sábado, 12 de noviembre de 2016

MAGOSTO O Rosal, 2016


Sábado 26 de Novembro, Magosto Popular. Ven celebrar a festa do outono. 
As 15:30h, andaina da man de Pepe Buraco, mostraranos a arqueoloxía descoñecida entorno ós Muiños do Folón e do Picón, ( Castro de Martín, Mámoa do Picón, arqueoloxía industrial...). Saída dende a explanada do Folón, Martín, 5km de dificultade baixa. 
As 19:30h. Magosto na praza do Calvario do Rosal, foliada, troula e castañas de balde !!



Máis fotos nesta ligazón:Fotos Magosto O Rosal 2016

Máis fotos nesta ligazón:Fotos Roteiro do Magosto 2016















































lunes, 24 de octubre de 2016

II XORNADAS MICOLÓXICAS 2016, A Guarda

Neste curso descubriremos a ecoloxía dos fungos, un mundo cheo de curiosidades sobre uns organismos fundamentais para o funcionamento dos ecosistemas, a pesar de que o seu labor permaneza oculta ós nosos ollos. Ademais iniciarémonos no proceso de identificación de cogomelos; os froitos dalgúns fungos, prestando especial atención ás especies de valor gastronómico e aquelas que resultan máis perigosas. Ante todo aprenderemos a respectar estes organismos e a actuar de forma responsable no caso de que esteamos interesados na súa recolección.

Os/as participantes aprenderán a:
-              Coñecer nocións básicas e aspectos xerais sobre o reino dos fungos.
-              Identificar as distintas especies de fungos típicas do monte Galego.
-              Recoñecer as especies de cogomelos comestibles e as súas posibles confusións tóxicas.
-              Manexar claves e guías de identificación de fungos.

Os menores de idade deberán asistir sempre acompañados por un adulto ou titor.

Material necesario:
En xeral, adoita ser recomendable acudir ao curso con navalla, guías de campo e cesta de vimbia se se dispón dese material, roupa e calzado adecuados para o campo e a tempada. Atención a lentes de sol, gorra ou chapeu, auga e crema solar.

HORARIO PREVISTO (suxeito a posibles cambios de última hora): sábado 12 de novembro, pola mañá clase teórica de 10 a 13h e pola tarde saída de campo de 16 a 18h, onde faremos identificación de exemplares.

Inscrición previa na Omix 986614546 ou no mail informacion@aguarda.es







Máis fotos nesta ligazón:Fotos II Xornadas Micolóxicas A Guarda












domingo, 2 de octubre de 2016

IX LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS DE GALIZA, RÍO FOLÓN

Benquerid@s amig@s, este domingo 2 de outubro vos animamos a participar na limpeza dun tramo de río.
Desta ocasión, o río Folón no concello do Rosal, participando así na IX limpeza simultánea de ríos de Galiza, dentro do programa Proxecto Ríos de Adega.
¡Por uns ríos limpos e libres de lixo!
Vos esperamos as 10:30 da maña.
Para calquer dúbida podedes poñeros en contacto a traves da nosa conta de "facebook" ou no noso correo "ajalleira@gmail.com". Asociación Ecoloxista Adega Proxecto Ríos



Dous anos levamos eliminado residuos dos ríos do Baixo Miño. Desta volta tocoulle ao Folón. Moitas grazas ós voluntarios.


Máis fotos nesta ligazón: IX Limpeza Simultánea de ríos, Río Folón











sábado, 24 de septiembre de 2016

Foto-Ruta polo Miño, 2016

O próximo sábado 24 de setembro as 9:30 a Jalleira organiza unha foto-ruta polo estuario do Miño con dous grandes guías, a cargo das explicacións de fotografía temos a Tamara Alonso fotógrafa profesional e como guía medioambiental Manu Sobrino "el naturalista cojo" Tamara Alonso fotografía El Naturalista Cojo




Máis Fotos nesta ligazón:Foto - Ruta 2016





















lunes, 12 de septiembre de 2016

CAMPAÑA DE PREVENCIÓN CONTRA OS LUMES 2016

Outro ano máis, leva instalada durante o verán na Guarda, a valla que pretente sensibilizar e concienciar sobre o perigo do lume nos nosos montes. 
Esta acción e posible grazas a CMVMC de A Guarda, CMVMC de Salcidos, Entidade Local Menor De Camposancos e Concello da Guarda e nós, A Jalleira.
Para o próximo intentaremos estar en máis sitios.
" Actua contra os incendios"
A Jalleira AFEA.



domingo, 21 de agosto de 2016

SAÍDA NOCTURNA AOS PETRÓGLIFOS DO ROSAL

O vindeiro sábado 20 de Agosto as 22:00h A Jalleira organiza unha nova saída nocturna aos petróglifos do Rosal, onde visitaremos 4 zonas de petróglifos. O punto de encontro será na Cruz Da Portela, na estrada Marzán- San Xian, a saída terá unha duración de 3 horas aprox. O noso guía será o noso compañeiro O Buraco.


Máis fotos nesta ligazón: Coñecendo Petróglifos, II saída nocturna 20/08/2016









domingo, 7 de agosto de 2016

SAÍDA A SOUTO VELLO, BURGUEIRA


Este domingo día 7 de Agosto , A Jalleira organiza unha saída guiada a “Souto Vello” en Burgueira, o punto de encontro será na igrexa de Burgueira as 9:30 ( as 9:00 na plaza do Calvario ó carón da igrexa, para quen non sepa chegar). O guía será o noso compañeiro Ignacio e a ruta terá unha duradación aprox. de 2 horas. Vémonos ;)
P.D.: Podes traer a comida e o rematar quedar a comer con nós e dar unha volta polo curro de Torroña.

Gracias de parte da Jalleira pola vosa asistencia a unha ruta curta; pero intensa en beleza e paisaxe. Saúde e monte.

Máis fotos nesta ligazón:Fotos Souto Vello






domingo, 10 de julio de 2016

FAUNA




Eiruga esfinge da morte ( San Miguel de Tabagón, O Rosal) 03/09/2016.












Deilephila elpenor, gran esfinge morada.( A Cumieira, O Rosal) 31/07/2016.





Gaiteiro aliazul (O Tamuxe, O Rosal), 10/07/2016.