MOCIÓN CATEGORÍA BOMBEIROS FORESTAIS



Moción a favor do SPDCIF (Servizo Público de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais)

A asociación a Jalleira promove na comarca do Baixo Miño unha moción en apoio do servizo público de incendios forestais, a raíz da iniciativa impulsada pola asociación de profesionais do SPDCIF (APROPIGA), que xa ten aprobado a moción noutros concellos de Galicia e Deputación de Pontevedra.
 A Jalleira presenta nos concellos da comarca esta moción, mostrando así, o seu apoio ós compañeiros que desempeñan unha labor tan pouco valorada social e institucionalmente.
Entre as reivindicacións cabe destacar a creación da categoría profesional de Bombeiro Forestal e a aposta por un servizo único e público de prevención e extinción de incendios.

Esta moción presentouse nos concellos do Baixo Miño, e nesta semana levarase a pleno o xoves 28 en Oia e Tui, venres 29 na Guarda e o sábado 30 no Rosal. Invitamos a todo aquel interesado a asistir ós plenos en cada concello para mostrar o seu apoio a esta moción.


A Jalleira, por e para o monte.



Comentarios

Publicacións populares