APROBACIÓN DAS CINCO MOCIÓN NO BAIXO MIÑO EN APOIO Ó SERVICIO PÚBLICO DE INCENDIOS

Cinco mocións no Baixo Miño en apoio o Servicio Público de Incendios

Durante o primeiro trimestre do ano a Asociación A Jalleira promoveu na comarca do Baixo Miño un moción en apoio o Servizo Publico de Defensas Contra Incendios Forestais, a raíz da iniciativa impulsada pola asociación de profesionais do SPDCIF (APROPIGA). Esta moción xa foi aprobada noutros concellos de Galicia e na Deputación de Pontevedra.

O SPDCIF foi sempre un modelo de referencia en toda España, tanto pola súa efectividade como polo seu carácter de servizo cen por cen público ó servizo da cidadanía na protección do medio natural de Galicia. Fronte a esta realidade, atopámonos na actualidade cun modelo de prevención e extinción e incendios fragmentado a través dun complexo entramado de organismos, empresas e institucións, que está prexudicando gravemente a eficiencia do que sempre foi un servizo público de contrastada eficacia.

O desmantelamento paulatino do SPDCIF, a privatización e esternalización de servicios, precarización das condicións de traballo, a falla de estabilidade laboral e a non consideración como un corpo de emerxencias, son mostras de desprezo destes profesionais.

Esta moción foi aprobada por unanimidade nos concellos de A Guarda, Oia e O Rosal, aprobada en Tomiño cos votos a favor do BNG e PSG-PSOE coas abstencións de PP e CdT, e no concello Tui foi aprobada cos votos de PSG-PSOE, APTUI, C21,BNG e SON, coas abstencións de CsT e PP.

As reivindicacións desta moción foron:

- Recoñecemento da categoría profesional de Bombeiro Forestal.
- Defensa do SPDCIF como servicio único de prevención e extinción de incendios.
- Convocatoria dunha oferta pública de emprego e cobertura de vacantes.
- Estabilidade laboral e profesional.

Con esta iniciativa levada a cabo nos concellos da comarca, A Jalleira quere amosar así, o apoio os compañeiros que desempeñan unha labor tan pouco valorada social e institucionalmente, vital para os nosos montes, o medio ambiente e a sociedade.


Por último dar as grazas as persoas que entenden e valoran o esforzo e o traballo destes profesionais.




Comentarios

Publicacións populares