sábado, 28 de mayo de 2016

Manifestación contra ENCE



Pola ría, polos montes galegos, polo biodiversidade, pola paisaxe, por un rural vivo, polo interese común e non o particular, por saúde, por solidariedade, non a sesenta anos máis e Ence-Elnosa na ría.
Móvete pola ría. Non a Eucaliptización.

Máis información nas páxinas : http://encefora.gal/ no libro blanco sobre Ence, http://www.apdr.info/
Manifestación contra ENCE e a Eucaliptización, sábado 4 de Xuño ás 19:30 en pontevedra. Autobús dende o Baixo Miño, saída dende A Guarda ás 16:00. PREZO 6€ - socios da Jalleira 3€. Reserva praza no 666371631.

Exposición Ceibes no Monte



O vindeiro día 3 de Xuño, as 20:00h, estreamos “O Monte e Nós” coa inauguración da exposición “Ceibes no monte”, mostra sobre o cabalo galego, patrimonio cultural vivo das nosas Serras.
Neste inauguración contaremos con Santiago Veloso, director de “Ceibes no Monte”, proxecto didáctico que mostra unha das tradicións dos nosos montes.
Proxectaremos un pequeno documentario sobre o cabalo do monte en Galicia e para rematar, palestra a cargo de Xilberte Manso, “O Garrano”, unha posta en valor do noso patrimonio.


A exposición poderá visitarse os venres de tarde, sábados maña e tarde e domingos pola maña ata o vindeiro 3 de xullo

 
Máis Fotos nesta Ligazón: Fotos Exposición Ceibes No Monte

.

jueves, 26 de mayo de 2016

MES DA CONSERVACIÓN, O MONTE E NÓS


Vos presentamos o Mes da Conservación, actividades co-organizadas polo Fuscalho, e a extraordinaria colaboración de S.O.S Groba e ó IEM (Instituto de Estudios Miñoranos) que realizaremos no mes de Xuño.
Un mes para dar a coñecer a natureza e patrimonio da nosa zona, para ama-la,respeta-la,cuida-la e protexe-la. Con 5 actividades! Vémonos!