Exposición Ceibes no Monte



O vindeiro día 3 de Xuño, as 20:00h, estreamos “O Monte e Nós” coa inauguración da exposición “Ceibes no monte”, mostra sobre o cabalo galego, patrimonio cultural vivo das nosas Serras.
Neste inauguración contaremos con Santiago Veloso, director de “Ceibes no Monte”, proxecto didáctico que mostra unha das tradicións dos nosos montes.
Proxectaremos un pequeno documentario sobre o cabalo do monte en Galicia e para rematar, palestra a cargo de Xilberte Manso, “O Garrano”, unha posta en valor do noso patrimonio.


A exposición poderá visitarse os venres de tarde, sábados maña e tarde e domingos pola maña ata o vindeiro 3 de xullo

 
Máis Fotos nesta Ligazón: Fotos Exposición Ceibes No Monte

.

Comentarios

Publicacións populares