PROXECTOS

CAMPAÑA DE PREVENCIÓN CONTRA OS LUMES

PROXECTO VALLA

A Jalleira promove esta proxecto que pretende informar e implicar a veciñanza no coidado, vixilancia e protección dos nosos montes.

 Esta iniciativa, cadrando coa época de máximo risco de incendios forestais, consiste na colocación dunha valla nun lugar estratéxico de cada concello da contorna, facendo participe os diferentes organismos locais involucrados co monte.

“Nos últimos dez anos os montes do Baixo Miño sufriron multitude de incendios forestais, afectando arredor dunhas 3500 hectáreas.
Cos lumes, a nosa comarca non so perdeu unha importante masa forestal, estes incendios trouxeron múltiples problemas como desastrosas riadas, consecuencias ambientais, económicas e sociais, e unha perda irrecuperable e incalculable de todo tipo de patrimonio.”

Pretendemos desarollar este proxecto durante os vindeiros anos intentando unir esforzos e implicando as diferentes comunidades, entidades e organismos locais na loita contra o lume.



-Colaboradores A Guarda: Comunidades de montes de A Guarda, Camposancos e Salcidos, Concello de A Guarda, Entidade Local Menor de Camposancos e Patronato Monte Sta. Tegra.



-Colaboradores Oia: Comunidades de montes de Burgueira, Loureza. Mougas, Oia, Pedornes e Viladesuso.

Gracias a todos os colaboradores pola súa participación.






A Jalleira, por e para o monte.




No hay comentarios:

Publicar un comentario