¿Quén somos?




Asociación a Jalleira




A Jalleria é unha asociación sen animo de lucro, formada por persoas do colectivo forestal con preocupacións pola natureza, un grupo de mozas e mozos do Baixo Miño preocupados polo seu entorno participando activamente no mesmo.

Para acadar estes fins tentamos levar a cabo diferentes tipos de iniciativas e proxectos que nos axuden a conservar e mellorar os nosos espazos naturais, intentando crear o interese e a participación da veciñanza.


Pretendemos consolidar a educación ambiental como ferramenta beneficiosa para a sociedade, fomentando e promovendo o coñecemento e estudo do medio natural e mostrar o monte, como fonte de recursos, oportunidades e futuro.





Asociación A Jalleira, por é para o Monte.


1 comentario:

  1. Moito ánimo con esta xenerosa e interesante iniciativa!!! TEN MOI BOA PINTA :D
    Espero poder participar nalgúns dos vosos eventos.
    Saúdos!

    ResponderEliminar