XORNADAS FORESTAIS





III XORNADAS FORESTAIS BAIXO MIÑO
19 de Outubro



- 16:00 H.- Conferencia: SERRA DA GROBA “Terra de contrastes” Conferencia sobre o proxecto divulgativo promovido polo o alumnado do I.E.S. A Sangriña, sobre os valores naturais, patrimoniais e culturais da Serra da Groba. Blogue: A SERRA DA GROBA. TERRA DE CONTRASTES.

- 17:00 H.- Experiencia: Comunidade de Montes de COUSO. Monte Veciñal de Gondomar que nos ven amosar súa aposta pola diversificación e posta en valor dos seus recursos naturais e patrimoniais.

- 18:30 H. Cooperativismo: Pouso da Serra. Sociedade Cooperativa Xuvenil do Cangas do Morrazo adicada a gandería, apicultura e ós servizos forestais. Facebook: Pouso da Serra

- 19:30 H. Mesa redonda e clausura da xornada.

Lugar: Centro Polivalente do Rosal.




Gracias a tod@s os asistentes, poñentes, medios de comunicación e colaboradores por axudarnos a realizar as 2 Xornadas Forestais...Só desexarlles ¡Saúde e Monte! 






Máis fotos nesta Ligazón:Fotos II Xornadas 2016


II XORNADAS FORESTAIS BAIXO MIÑO



-APERTURA DE XORNADAS

Presentación das xornadas a cargo da presidenta da Asociación A Jalleira, Nuria Castro.

-EXPERIENCIA: C.M.V.M.C. O ROSAL “25 ANOS DE XESTIÓN FORESTAL”

No ano 1991 varios membros de actual directiva involúcranse na súa comunidade. Tras moito traballo e experiencias, fan da Comunidade de  montes do Rosal un referente da xestión comunal e da defensa do patrimonio natural.

Issac González González
Presidente da C.M.V.M.C. O Rosal.


-CONFERENCIA: “USOS E ABUSOS DO MONTE”

            A controversia do uso público á palestra. Nos últimos anos, a raíz do crecente uso social e lúdico do monte, xurdiron novos conflictos e polémicas que repercuten na xestión dos montes. Diferentes propostas e  alternativas a debate.

            Xosé Carlos Morgade Martínez
            Secretario Mancomunidade de Montes de Pontevedra



-EXPERIENCIA: “O BOSQUE DE RIDIMOAS”
A orixe da asociación xurde nos anos setenta coa necesidade de concienciar do valor da natureza por parte do seu actual Presidente Pablo Oitabén. A finais dos oitenta fúndase Ridimoas, Asociación co fin de estudar e defender o bosque autóctono na comarca do Ribeiro. Despois de tres décadas custodian 500 hectáreas de bosque e  acadan máis de 1000 socios.

            David Rodríguez
            Vicepresidente da Asociación Cultural e Ecolóxica Ridimoas.


-MESA REDONDA e CLAUSURA DA XORNADA.

            Debate e intercambio de ideas e cuestións entre os ponentes e o público.





“Actividade lúdica para mostrar o presente dos nosos montes e outros valores engadidos”



MÁIS INFORMACIÓN

APERTURA-Presentación.
Presentación das xornadas a cargo da Enxeñeira Forestal Nuria Castro, Presidenta Asociación Forestal e de Educación Ambiental A Jalleira.

EXPERIENCIA- Asociación Monte Cabalar-Cooperativa.

Exemplo de cooperativa dos montes da Estrada, que aposta pola explotación do gando en extensivo, xestión silvícola e aproveitamento agrícola. Falarannos da súa experiencia que nos mostrara a importancia do cooperativismo e os beneficios dunha xestión sostible. A cargo da Cooperativa Monte Cabalar.


CONFERENCIA-COLOQUIO – A Lonxa da madeira.
Conferencia a cargo da Organización Galega de Comunidade de Montes, donde presenta como proxecto innovador a creación da primeira lonxa virtual da madeira e outros aproveitamentos, alternativa o actual mercado do sector  forestal do país.

Ponencia a cargo de presidente da OOGGCCMM, Xosé Alfedo Pereira.



EXPERIENCIA-A Multifuncionalidade do monte (CMVMC Vincios)

Mostra a cargo de Alberto Covelo, presidente da CMVMC de Vincios, do uso múltiple que nos aporta o monte, diferentes proxectos, aproveitamentos e alternativas para manter un monte vivo.


PROXECIÓN – Presentación do proxecto “En todas as mans”-Trespes Soc.. Coop. Galega.
A cargo da cooperativa audiovisual Trespés que mostrara o seu proxecto de documentario sobre as comunidades de montes e os seus valores.




MESA REDONDA-CLAUSURA.

As xornadas remataran cunha mesa redonda onde os asistentes farán as súas preguntas e aportacións intentando crear debate, coa a participación e opinión dos ponentes.

ANDAINA GUIADO POLA SERRA DA GROBA.

Como chegar:

Carretera Baiona-A Guarda (PO-552), chegados a parroquia de Oia coller o desvío Loureza-Burgueira, 6 Km. de subida ata chegar o cruce da casa forestal.




Comentarios

Publicacións populares